Procura


Enlaces

nova programaçom


em breve apresentamos-vos a nova grelha, passinho a passinho...

HOJE PODEDES OUVIR NA PIRATONA:

80 ANOS DE XUVENTUDE ACUMULADA.
Balbino conta-nos cousas e impressons, do passado até o futuro, desde a voz da experiência


CONTRAINFORMATIVOS E ESPECIAIS.
Os espaços mais antigos e constantes da rádio, em eles damos voz xs sem voz e achegamos-vos a informaçom que nom encontraredes nos mídia comerciais. se keredes fazer-nos chegar as vossas novas, mandai-nos um correio ao endereço da rádio: piratona@sindominio.net

Photobucket CARPE DIEM.
Carpe Diem emitese na Radio Piratona, unha radio libre ke leva en marcha mais de 20 anos, e ke na actualidade emite dende o 106.00 da F.M. de Vigo (www.sindominio.net/piratona) .
Carpe Diem un programa de rock actual principalmente, onde a musica con enerxia sempre atopa o seu oco. Musicalmente non se limitan os estilos das bandas que se tratan nos programas. Non vou negar, que hai estilos e bandas mais recurrentes ca outras, sendo importante a presenza de grupos da mal chamada escea "New-metalera", as como a de formacions de Punk-Rock,Rock-fusión...
Sendo isto certo, non menos o de ke calquera Banda que sexa capaz de transmitir novas sensacións(e ainda que non sexan novas) pode atopar o seu oco en Carpe Diem
http://carpediemson.blogspot.es/

Photobucket CRESTAS E IMPERDIBLES.
Crestas e imperdibles Programa de Radio Piratona 106.0 FM (Vigo) sobre a historia do punk, desde o seu comenzo ata a actualidade.
Se che mola o punk, punk rock, punk surf, bubblegum punk, hardcore, harcore melodico, punk celta, pop punk... este e o teu programa. Programa que tamen se emite en Radio Filispim (93.9 FM Ferrol) e que podes escoitar e descargar tamen en www.crestaseimperdibles.blogspot.com

Photobucket ESKORIA.
programa de musical de punk e de novas da nosa cidade, entrevistas, reseñas de maquetas... métete no lado eskuro da eskoria da sociedade... e observa que non todo e como nolo pintan...
contacto: montxotxoni@yahoo.es
APOIA AS RADIOS LIVRES!!!


GELO PICO Y JOSU VENA.
punk do bom com especial atençom à cena lokal



Photobucket

MATRIARKADO.
Feminismo na radio piratona.
Un espazo para dar voz e visibilizar a LUITA das mulleres, denunciar a sociedade heteropatriarcal na que vivimos, lembrar ás compañerias eskecidas e silenciadas pola historia... MULLERES EN PE, A LUITA KONTINUA!!

Photobucket MOITO DE AQUÍ.
Moito de Aqui e Pouco de Ala programa quincenal cunha hora de duracion retransmitido as 22h a traves de Radio Piratona, no 106.0 FM de Vigo, presentado por Aida Alonso e Jose Montero, estando Alonso no control tecnico. O dia 5 de xullo de 2007 emitiuse o primeiro programa da primeira tempada, a cal rematou ao 20 programas o 13 de decembro de 2007. O 18 de setembro de 2008 comeza a segunda tempada do programa engadindo novidades como dous novos concursos ("59 segundos de rap" e "A pregunta de..."), dúas novas seccions ("Moito de antes", presentado por Ruben; "Novas de ala, presentado por Ray) e a inclusion no staff de 12professors, que aporta o 100% das sintonias e continuidades do programa. As mesmo Dhea segue a pór a sua voz na intro do programa e nas distintas seccions, mentres que Pamela segue a ser a fotografa do programa, incorporandose tamen Meri edicion de videos.
"Moito de aqui.." un programa adicado divulgacion de grupos galegos enmarcados no ambito do Hip Hop, principalmente rap, pero tamen tendo certa importancia o r&b, o soul, o funk, o reggae, o jazz... O obxectivo do programa promocionar os grupos galegos destes estilos dende o punto de vista mais maqueteiro ate o máis profesional.
Ademais, no programa tamen se fai oco as ultimas novas, tanto de Galicia coma de fora, as coma os concertos que tenhen lugar no noso pais. Tamen contamos cunha seccion de entrevistas onde en cada programa entrevistaremos a un artista galego englobado dentro da cultura Hip Hop.
O metodo de difusion da musica ben sinxelo, nos tan so somos os intermediarios, sodes vos os que facedes o programa. Se queredes sonar en "Moito de Aqui tan so e necesario enviar o teu material a:
moitodeaqui@gmail.com

Asi mesmo, neste enderezo estaremos a vosa disposicion para calqueira tipo de dubida. Neste myspace, http://www.myspace.com/moitodeaqui , esta disponible unha lista dos entrevistados en cada programa e un link no cal se pode descargar a emision gratuitamente e ver o tracklist de cada programa.
Gracias pola vosa atencion e un saudo.
Moito de Aqui e Pouco de Ala RAP por Galicia e para Galicia.

Photobucket MUNDO FANTASMA.
programa sobre banda desenhada, cinema, literatura e clássicos do frikismo de ontem e de hoje feito polas Sras. de Cores. para contactar com as responsáveis desta catástrofe: mundofantasmapiratona@gmail.com
NOM APTO PARA MENTES SENSÍVEIS, OUVIMO-NOS NA PIRATONA!!

e em breve poderedes ouvir também...

CODIGO BINARIO.
electrónica fina e gorda para mentes preparadas


ALÉM DISTO, NA SECÇOM DE AUDIO PODEDES OUVIR OS PROGRAMAS ANTERIORES...

A TUA HORA.
Porgrama com novas de actualidade, actividades de centros sociais, entrevistas, concursos...

BERRO ANIMAL.
Programa feito polas compis da Protectora de Animais sen Fronteiras dedicado ao animalismo e à defensa dos dereitos dos animais, con apartado para adopzóns de animais que se atopan en protectoras e denuncia de situazóns de maltrato, receitas veganas, etc.

DISIDENTES DISTINGUIDOS.
Un programa diferente onde se analizaba a realidade social cun acido sentido do humor


LIBRETA DE TRABALHO.
Apontamentos da libreta da vangarda revolucionaria, El Lider mediante. Poder operario!


MI PITRINA.
Punk e anarkismo com entrevistas e variedades


NON HAI TREGUA.
Programa no que se daba voz aos centros sociais do sur da Galiza. Nel informábase da axenda de actividades e facíanse tamén entrevistas @s soci@s para ke as kontasen de primeira man e falasen dos seus centros. Ademais, novas e convocatorias de diferentes kolectivos, direccions d@s pres@s politic@s galeg@s... Pra poñerse en kontacto ko programa podedes escribir á Piratona ou mandar un correo a nonhaitregua@gmail.com


Radio Etiopia/Audios Preventivos/Toka-me Roke
espaço misto e mutante com leituras e psicofonias várias


TERRA DE PANICO
Programa de rock e metal, no que saberemo-las historias dos mellores grupos e músicos dos anos 70, 80 e algunha cousiña dos 90

Grelha antiga

esta foi a grelha até há pouco... agora é algo parecido

ESCOITAMO-NOS NO 106.0 DA FM !!!!!!!!!

Photobucket