Novas

2009-12-19: Konzerto Aniversario Programa Eskoria e Axuda á Radio.

25.03.09: O vindeiro sábado 2 de maio a Piratona organiza un novo concerto para tirar fondos para a rádio, cos grupos Akrata, Prap's e Siervos de Nadie. Será a partir das 22.00 horas na sala A Farándula (Praza de Portugal)

14.01.09: O próimo venres 20 de febreiro celebrarase no pub HAVANA 20 un concerto para conmemorar o VII Aniversario da emisión do programa Eskoria nas ondas de Vigo. Neste concerto, coa recadación a beneficio da Piratona, actuarán as seguintes bandas: Oxtiax Ke Te Pariu, Vinagre de Sidra, Esenzia de Lapo

29.01.09: Este sábado d? 31 de xaneiro, Xornada de palestra e actuacións organizada pola Piratona no local social O Guindastre en Teis. ás 19.00 horas, palestra sobre Xose Tarrio a cargo de sua nai, Pastora. ás 21.00h concerto do Leo i Arremecaghona (anarchy in Jalisia), e ás 22.00h actuará o Bitxobola (cantautor punk). Participa e apoia!

13.01.09: Início de ano activo! Permanecede atentxs aos próximos actos da Piratona, aniversário do programa Eskoria, concerto de aniversário da rádio (um aninho mais!), palestras... em breve concretamos!

Konzerto Aniversario Programa Eskoria e Axuda á Radio

8 anos de punk e contrainformazión



2009-12-19, concerto de ajuda da rádio Piratona, a rádio livre do sul da Galiza, contaremos cos grupazos, sem eles nom seria possível:
Preço 4 Kalas
Aniversário 8 anos do programa de punk Eskoria

Somos Um Povo De Artistas

a Revolta sempre em Galego!

A web da radio continua a medrar!!!

Quedan colgados moitos dos programas da radio na sección de "AUDIOS". Ademais, creamos a seccion de "PODCAST" onde se poden descargar os programas.

De agradecer é a colaboración desinteresada que dende o Trebelab do Centro Social A Cova Dos Ratos nos venhen prestando. Sen a súa axuda non sería posible que poidas escoitar a radio vía web. Obrigadxs!!

Máis simple non pode ser! Toda a programacion da Piratona a golpe de un clic!!

Radio Piratona, máis de 21 anos contrainformando en Vigo.

Benvidxs á páxina web da Radio Piratona, unha radio libre que emite desde Vigo, cunha longa historia ás suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a moi diversas etapas, pero sempre mantendo esa cualidade de radio libre, medio de comunicación para as voces sen eco nos grandes medios.

Nunha sociedade que ten unha realidade altamente centralizada e uniformizada pola información, onde os medios de comunicación son poder e están ao servizo do poder, as radios libres xurden ante a necesidade e o dereito que toda persoa e colectivo ten a expresar libremente opinións e a criticar e ofrecer alternativas a todo o que nos afecta directa ou indirectamente.

Si queredes formar parte da Radio Piratona ou se tedes algo que dicir, debatir, denunciar, presentar, ou simplemente enviarnos as vosas opinións, críticas, suxeréncias, etc. podedes empregar o noso correo electrónico no enderezo piratona@sindominio.net, ou a través do correo convencional na Caixa de Correos 8278-36200 (Vigo). Adiante!

XXI Aniversario da Radio Piratona

Neste ano 2009 celebramos os 21 anos de existencia da Radio Piratona, a unica radio libre que emite dende Vigo, cunha longa historia ás suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a moi diversas etapas, pero sempre mantendo esa cualidade de radio libre, medio de comunicación para as voces sen eco nos grandes medios. Durante estes meses organizamos diferentes actividades e actos para conmemorar o xurdimento deste medio libre.


Photobucket