|
|
|

As vosas, cada vez máis obsoletas industrias da
Información, perpetúanse a si mesmas propoñendo
leis, en América e en calquera parte, que reclamen
a súa posesión da verba por todo o mundo.
Estas leis declararían que as ideas son outro
producto industrial, menos nobre que o ferro
oxidado. No noso mundo, sexa o que sexa o que a
mente humana poida crear pode ser reproducido e
distribuído infinitamente sen ningún custo. O
transvase global de pensamento xa non precisa de se facer nas vosas fábricas.
John Perry Barlow, declaración da independencia do ciberespacio.
Amplia-la ofensiva significa radicaliza-la
insubordinación a cualquer xerarquía. Exercer a nosa
creatividade destructiva contra a sociedade do
espectáculo, sabotar as mercancías que sabotan as
nosas vidas, xuntarse en asembleas elixindo
delegados sempre revogables pola base, conectar
tódolos lugares de loita, non descoidar ningún dos medios técnicos útiles para a comunicación liberada,
dar un valor de uso directo a todo o que ten valor
de cambio, organiza-la Autodefensa dos territorios
conquistados...
Nanni Balestrini, Os invisibles.
Ollas ó mundo a traverso do monitor e móvelo cun teclado, elixes o teu medio de conexión favorito ou o que te deixen, só de telo xa es ditoso...
Pasas noites en velorio diante das túas máquinas dándolles voltas, tentando entender que é o que está a pasar. "¿aínda non o ouviches?, o comenta a xente no barrio...".
Desenrolas, mantés, comunicas, aprendes,
ensinas... ves de aquí ou de acolá, nin xulgas nin
sentencias. Podes traballar ou non por cartos, mais aínda segues dándolle voltas, ¿pero isto que é...?, "onte lin algo diso, coido que tolearon", "Pois o meu curmán di que en EEUU xa os están a condenar a
cadea perpetua, por algo será...".
Comezas dalgún xeito a facer un traballo social de base, sexa o teu arredor máis preto, medios
ou compañeiros; ofreces o teu código á humanidade,
tentando de ese xeito axudar a construí-lo camiño.
Renegas ou consideras inxusto o actual sistema de
control da información e o coñecemento, non por ir
contra corrente, senón dende o convencemento de que
outros sistemas son posibles, dende a visible e
inxusta realidade dos medios de control do
coñecemento a través das patentes, cara outros
camiños abertos por novas redes. "¿e como é que lles deixan xuntarse?, ¿pero non eran terroristas?, aquí xa xulgaron a varios tamén".
Demasiado rápido, vas ollando que la balanza desequilíbrase cada día con máis descaro e facilidade..
total, esta todo xustificado. Uns saen á rúa,
pintados ou disfrazados, outros cantan, outros xuntan
moreas de xente, outros bailan pacificamente entre a súa
miseria e outros comezan a se-la quitar a pancadas.
Os nosos dereitos?, desaparecendo..., ¿o noso
anonimato?, case escindido..., ¿a nosa
independencia?, baixo mínimos..., ¿as nosas fronteiras?,
ben graciñas... "¿e que van facer eses tolos perante
3 días?, oín que están organizados a nivel
mundial, case que dá medo pensalo...", "pois eu lin o outro día na acp que so van falar, dicían que
eran xente boa, que so quererán axudar, construír
outros camiños máis ceibes e garanti-los dereitos de
tod@s, pero meu rei non sei, dinse tantas cousas..."
3, 4 y 5 de Outubro, Centro Social Ocupado
Autoxestionado "El Laboratorio3", rúa Amparo 103
(Barrio de do Lavapiés)
iokese, exercicio de sinceridade.
|