|
|
|
QUÉN O ORGANIZA
A asamblea que se reúne virtulamente en hackmeeting@sindominio.net
QUÉ SIGNIFICA MADHACK02
Pois moi sinxelo. Mad por Madrid. En inglés significa loc+. El 02 porque estamos no ano 2002, e xa sabes esa moda de acurta-las datas. Asemade, as anteriores edicións do hackmeeting tamén xogaron con isto mesmo. Nembargantes, este ano había unha chea de cousas curiosas, a presencia do 03. É o terceiro
hackmeeting, vaise celebrar no CSOA Laboratorio
-coñecido como labo3- e está na rúa do Amparo
103.
Ó cabo, madhack02.
¿E HAI HACKERS?
Non só e unha xuntanza de hackers. Nin tampouco é soamente un encontro de xente interesada nas novas
tecnoloxías e nos seus aspectos sociais. É un
encontro de xente interesada nas novas tecnoloxías e nos seus aspectos sociais que se realiza
nun espacio liberado de Madrid, o CSOA Labo3, o
centro social do barrio de Lavapiés.
O ano pasado celebrouse por segunda vez en Leioa,
Euskalherria, e o primeiro en Les Naus de Barcelona.
O nome é emprestado dos Hackmeetings italianos,
que veñen de celebrarse dende 1998 en Centros Sociais
Okupados e nos que nos inspiramos.
¿QUÉN SOMOS NOS?
Un grupo de xente procedente
de diversos cantos da rede, interesada en poñer
mans á obra. A organización e coordinación faise a través dunha lista, aberta a quen queira
aportar ideas, colaborar ou "lurkear".
* mensaxes á lista: hackmeeting@sindominio.net
* suscricion: envía un mail a hackmeeting-request@sindominio.net y pon "subscribe" (sin comillas) en el subject o asunto.
* arquivo público de mensaxes da
lista:http://www.sindominio.net/pipermail/hackmeeting/
¿POR QUÉ FACEMOS ISTO?
Isto quere ser unha xuntanza sen máis pretensións que falar entre nos, que nos coñecemos
maioritariamente por correo de mil historias
'cibersubversivas', e coller folgos no medio da
ofensiva do 'Sistema' contra Internet, un lugar de
ensino e comunicación ceibes que non quere deixar de
selo.
O fulgor dos grandes movementos na bolsa ou os
reiterados intentos de control por parte de
corporacións e gobernos, parecen ter eclipsado ou
desanimado ós seus habitantes que tentan, moitas veces en solitario, ila virando creando opinión,
ofrecendo información voluntariamente ou argallando
novas rutas e programas, para fuxir da presión
e/ou por divertimento.
A nosa intención é xuntar estas voces que aínda cren
que temos a forza, dentro, fora e a través da
rede, animarnos mutuamente, coñecernos e discutir
as nosas visións. ¿Quén somos? ¿Cara onde queremos ir?
¿EN QUÉ CONSISTIRA O HACKMEETING?
Basicamente, en conferencias e obradoiros, agás dun
ciclo de cine ciberpunk, unha rede local e esmorgas :)
Pero non sabemos aínda de que irán as charlas
exactamente. Non somos suficientes para cubri-la que
sería a nosa lista case perfecta de temas [*] pero farase o que se poida. Calquera persoa interesada en facerse cargo dalgún obradoiro ou conferencia será benvida, tamén novas ideas, na lista hackmeeting@sindominio.net
O programa final de conferencias e obradoiros estase a confeccionar neste intre. Este é un sistema
totalmente aberto e calquera individual ou grupo que
queira artellar obradoiros e conferencias sobre os seus temas preferidos pode facelo.
¿E PAGARANME A VIAXE SE DOU UNHA CHARLA
¿¿De onde ves para pedir cartos? Aquí estamos en
crise e temos xente de Marte, moita. A non ser que
veñas de mooooi lonxe, contamos con moi pouco
orzamento. Pero dinos, dinos.
¿MASS MEDIA?
Temos pendente ultimar os obradoiros para que os
mass media tamén poidan cubrir, se queren, o
evento.
¿E PODO DOAR MATERIAL?
Pois claro, viñeches ó sitio axeitado. L+s de
loxística están a ver qué material precisamos, pero
calquera cousa é válida, seguro. Principalmente, HUBS
ou switches, vellos PCs (386, 486,Pentium-torradoras),
pezas ( tarxetas de rede, HD ...), regretas de
enchufes, cable de rede, tarxetas wireless, portátiles,
PDAs... Así que se alguén ten ou pode acadar
algo, contádeo á lista (agardando que loxística
se organice).
|