|
|
|
I CALL FOR PAPERS AND PARTICIPATION
HACKMEETING MADRID 2002
Madhack'02
4.5.6 octubre
CSOA Laboratorio (Labo3)
Calle del Amparo 103. Barrio de Lavapiés.
http://www.sindominio.net/madhack02/
INTRODUCCIÓN
O nome e filosofía destas xornadas é emprestado e
irmán dos hackmeetings que veñen de celebrarse en
Italia dende 1998 (http://hackmeeting.org).
A vontade, como alí, e falar nun ambiente
distendido sobre os temas que preocupan á
comunidade da rede, en tódolos aspectos posibles:
técnicos, políticos, artísticos... xunta-las voces que aínda creen que temos a forza, animarnos mutuamente,
coñecernos e discutir as nosas visións. ¿Quén
somos? ¿Cara onde queremos ir? ¿Podemos aínda crear
beleza coas máquinas?
TEMAS
O hackmeeting consistirá en charlas, debates e
obradoiros, para os que se necesitan relatores. A súa
chegada poderá ser ó estilo tradicional, asistindo á xuntanza de Madrid e poñendo a faciana, ou ben virtual, enviando textos que se farán públicos na convención física e na web.
Estes son algúns dos temas dos que gustariamos de falar no hackmeeting, pero non os únicos.
Procuramos novos puntos de vista e descubrimentos que vos interese mostrar.
CHARLAS
- *Wireless
- *ADSL
- *Informacion alternativa
- *Programas ceibes
- *Criptografía
- *Vídeo
- *Vídeoxogos
- *Hacktivismo.
- *Gobernos na rede. LSSI, leis de cibercrimen, enfopol
- *Corporacións na rede. Copyright, patentes, espionaxe
- *Ensino e novas tecnoloxías
- *Acceso universal
- *Ciberpunk
- *Artivismo
- *¿A okupación de mákinas é como a okupación real? Asesoría legal
- *Xenealoxía de internet e relación cos movementos sociais
- *Filosofía hacker
- *Privacidade, criptografía, anonimato.
- *Reciclaxe de ordenadores
- *Iniciación a GNU/Linux, a TCP/IP, a contraseñas...
- *Phreak
- *Hacking
- *Exeñería inversa
- *Virus e vida artificial
- *Tarxetas intelixentes, sinatura dixital
- *Trucos (sacar enerxía do teléfono, montar unha mesa de PC con materiais reciclados, etc)
- *Con-cursos
- *Mesas redondas sobre libros
OBRADOIROS
- *Obradoiros de reciclaxe de ordenadores
- *Obradoiros de iniciación a TCP/IP, a contraseñas..
- *Obradoiros de phreak, hack, crack, virii
- *Trucos (sacar enerxía do telefono, etc)
- *Tarxetas intelixentes, sinaturas dixitais
- *Concursos
- *Obradoiro de antenas wireless
CÓMO PARTICIPAR
O hackmeeting non é un congreso no sentido
tradicional, en que unhas persoas cárganse con todo o traballo organizando e
preparando charlas, e outros asisten meramente de espectadores, senón que para que
haxa hackmeeting todo o mundo débese animar a aporta-lo seu graíño de area.
Quen máis quen menos dos asistentes pode preparar un relatorio, ou axudar a organizar.
Algunhas recomendacións:
*Para o publico/participantes
- 1. Dinamizador/autor
- 2. Titulo(s)
- 3. Resumo
- 4. Verbas clave
- 5. Coñecementos necesarios
- 6. Estructura/contido
- 7. Metodoloxía: exposición, discusión, cachoeira, etc.
- 8. Duración
- 9. Lecturas aconselladas. Para a xente que queira
entrar no tema antes de ir ó relatorio.
Para coordinación:
- 10. Material preciso (incluíndo tipo de espacio por
se fai falta un espacio aberto sen cadeiras ou o que sexa).
- 11. Preferencias de horarios
Charlas y talleres:
Conversas e obradoiros: todos se comentan
na lista de correo do hackmeeting,
pero se non estás suscrit@ haberás de facelo para comezar a participar coa actividade que propoñas. Esta lista é na asemblea onde se decide se interesa ou non.
Se aínda non estás suscrit@, o mellor é que o fagas
para que ti mesmo olles o proceso que segue a túa
proposta. Tamén podes escribir @s coordinadores
de actividades, charlas@sindominio.net, que é un
enderezo de correo, para que confeccionen o
calendario de actividades. Teredes que dicirlles
preferencias de horarios, material que precisedes,
nivel da conversa, bibliografía, documentación
previa, enlazamentos...
Organizacion: la lista esta abierta a quien quiera:
a lista está aberta a quen queira: http://www.sindominio.net/cgi-bin/mailman/listinfo/hackmeeting
FECHAS
Fecha tope conversas físicas: finais de Setembro - 2002
Fecha tope relatorios virtuais: sen límite
Celebracion del congreso: 4.5.6 - octubre - 2002
|