Radio Piratona, máis de 20 anos contrainformando na ría de Vigo.

Benvidxs á páxina web da Radio Piratona, unha radio libre que emite desde Vigo, cunha longa historia ás suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a moi diversas etapas, pero sempre mantendo esa cualidade de radio libre, medio de comunicación para as voces sen eco nos grandes medios.

Nunha sociedade que ten unha realidade altamente centralizada e uniformizada pola información, onde os medios de comunicación son poder e están ao servizo do poder, as radios libres xurden ante a necesidade e o dereito que toda persoa e colectivo ten a expresar libremente opinións e a criticar e ofrecer alternativas a todo o que nos afecta directa ou indirectamente.

A Piratona realizou a súa primeria emisón o 8 de marzo de 1988 (coincidindo co Día da Muller Traballadora) desde a escola de FP do bairro de Teis, coa intención de criar unha alternativa de comunicazón para dar a conhecer as formas de cultura popular diferentes á oficial e subvencionada polas administrazóns públicas (hai que lembrar que eran os tempos da famosa “movida dos 80”), mais pronto foi censurada polo claustro da mesma ante a ameaza por parte do Ministerio, dado o carácter ilegal da emisión, pasando a emitir desde a clandestinidade o 17 de maio (Dia das Letras Galegas) do mesmo ano. 

 

 

O noso principal obxectivo é constituirmo-nos en veículo de expresón para todos os colectivos e persoas que compartan a nosa declarazón ideolóxica, para que así podan dar a conhecer as suas loitas, actividades, ideas, valores, denúncias... cousas todas elas sistematicamente excluidas dos médios de comunicazón de masas, dedicados á produzón e comercializazón duns contidos que non tenhen máis fin que a xerazón de benefícios para xs seus propietarixs e a consolidazón dos valores (competitividade, exclusón, sexismo, xenofobia...) que sostenhen o modelo de sociedade no que vivemos. A Rádio Piratona é unha rádio livre e independente que pretende ser reflexo das cousas que pasan ao noso redor, unha rádio feita por e para a xente da rúa que procura alternativas ao sistema des-informativo e manipulado dos mass media. Como dicimos na nosa declarazón de ideas: queremos ser a voz dxs sen voz. 

Podedes contactar con nós a través do noso correo electrónico no enderezo piratona@sindominio.net, ou a través do correo convencional dirixindote a Caixa de Correos 8278-36200 (Vigo).

Se queres formar parte da Radio ou se tes algo que dicir, debatir, denunciar, anunciar, ou enviarnos as tuas opinións, críticas, suxeréncias, etc. estes son os medios para facelo.

Adiante!