Temos o pracer de comunicar que neste período de programazón (xaneiro-marzo) vai comezar a soar na radio catro novos programas. Por unha parte, da Piratona temos:
BERRO ANIMAL: programa feito por rapazas da Protectora de Animais Sen Fronteiras, tratará temas como os dereitos dos animais, animais en refuxios ou vexetarianismo.
O GUINDASTRE: programa con música e novas de contido social.
LA INTERNACIONAL DEL MAL: conspirazión anarkista na radio piratona.
Ademais, dous programas emprestados da Radio Filispim de Ferrol:
O RECUNCHO: programa feito pola Asociación Fuco Buxán. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc.
DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS: programa con novas e audios de contido social, concertos, etc.
Esperamos que sexan dos voso interese!
