XX Aniversario da Radio Piratona
By piratona - Posted on Março 3rd, 2008
XX Aniversario da Radio Piratona
Neste ano 2008 celebramos os 20 anos de existencia da Radio Piratona,
a unica radio libre que emite dende Vigo, cunha longa historia ás
suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a moi diversas etapas,
pero sempre mantendo esa cualidade de radio libre, medio de
comunicación para as voces sen eco nos grandes medios. Durante
estes meses organizamos diferentes actividades e actos para
conmemorar o xurdimento deste medio libre.
