17.11.08: novo especial: entrevista de radio klara a enric durán
17.11.08: Hoxe dia 17 realizamos un novo
programa especial. Desta vez se trata de un audio de unha entrevista
que Radio Klara lle fixo a Enric Duran e que trata sobre a tema da
crise economica que estamos a sufrir. Para mais info podedes visitar a
paxina "www.17-s.info"
06.11.08: contrainformativos tamén os venres
06.11.08: A partir do dia 07.11.08 comezamos a facer contrainformativos tamen todas as sextas feiras (venres). Recordade, os contrainformativos da Radio Piratona agora emítense todos os martes e os venres. Colaborade na realizacion enviando as vosas novas e convocatorias e participade activamente da radio!
04.11.08: caem inthecisos crew do cartel do concerto em apoio á rádio
04.11.08: Finalmente, temos que lamentar a
ausencia de INTHECISOS CREW no concerto de este sabado dia 8. O cartel
definitivo e o que queda aqui colgado
03.11.08: Carpe diem volta a soar na piratona!
03.11.08: E un pracer comunicar que dende o pasado luns dia 03/11/08 CARPE DIEM volve a emitir con mais forza ke nunca todos os luns de 22:00 a 23:00 CARPE DIEM, o programa de metal da RADIO PIRATONA
10.10.08: a piratona participa en encontro de radios livres e comunitárias en Barcelona
10.10.08: A radio ven de participar nun intercambio cultural con radios galegas e catalanas celebrado no barrio barcelones de Nou Barris. Voltamos de ali con moitas ganas de seguir traballando duro. Un saudo para as radios LINEA IV, BRONKA e RSK.

XX Aniversario da Radio Piratona
XX Aniversario da Radio Piratona
Neste ano 2008 celebramos os 20 anos de existencia da Radio Piratona,
a unica radio libre que emite dende Vigo, cunha longa historia ás
suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a moi diversas etapas,
pero sempre mantendo esa cualidade de radio libre, medio de
comunicación para as voces sen eco nos grandes medios. Durante
estes meses organizamos diferentes actividades e actos para
conmemorar o xurdimento deste medio libre.
