Emitimos dende 1988 como a radio libre de Vigo.
Hai moitas maneiras de colaborar con nós. Podes escoitar a nosa programación e enviarnos as tuas opinións, críticas, suxeréncias... Podes facelo a través do noso correo electrónico no enderezo piratona@sindominio.net, ou a través do correo convencional dirixindote ao Apartado de Correos 8278-36200 (Vigo). Se tes algo que dicir, debatir, denunciar ou anunciar, este é o teu medio.
Tamén podes participar nas actividades extraradiofónicas que organizamos con frecuencia. Estas actividades teñen unha dupla función: por unha banda son espazos de encontro coa nosa audiéncia e con ex-piratas e piratóns, e por outra serven para sacar un pouco a flote a nosa sempre deficitária economía coa venta de material como os chisqueiros, cd's, camisolas, etc. que podes atopar á venta en algúns locais.
Material a venta actualmente
O material pode-se atopar en varios locais de Vigo e o Morrazo. Podes dirixirte aos locais sociais A Cova dos Ratos na rúa Romil 3, O Guindastre na R/ Xulián Estévez - Guixar-Teis ou A Revolta na rua Real, de Vigo. No Morrazo atoparás material a venta no local social da AC A Tiradoura de Cangas. De non atopar o material sempre podes solicitalo contactá-nos.
Por outra banda se o que queres é facer un programa, ponte en contacto con nós. Antes de comezar a emitir, é preciso pasar por un obradoiro, onde te explicaremos polo miudo como funciona á radio, tanto no aspecto ideolóxico como no técnico e humano, e cales son os requisitos para formar parte do colectivo. En calquera caso, non é imprescindíbel facer un programa para formar parte da radio, apenas ilusión, gañas de participar e un pouquiño de tempo. Asi que xa o sabes, agardámoste.