Novas

24.02.08: Exposición-charla do XX Aniversario da Radio Piratona no centro social A Tiradoura (Cangas) o 29 de febreiro apartir das 19.00 horas. 

16.02.08: Dispoñible en breve o cartel do concerto do XXII Aniversario da Radio Piratona que se celebrará o vindeiro 7 de marzo no local La Fábrica de Chocolate (Vigo).

 

XX Aniversario da Radio Piratona

cartel concerto XX aniversario

Neste ano 2008 se celebran os 20 anos de existencia da Radio Piratona, unha radio libre que emite desde Vigo, cunha longa historia ás suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a moi diversas etapas, pero sempre mantendo esa cualidade de radio libre, medio de comunicación para as voces sen eco nos grandes medios. No mes de febreiro e marzo organizaremos diferentes actividades e actos para conmemorar o xurdimento desta medio libre. 

O venres 29 de febreiro ás 19.00 horas, participando nunha homenaxe a Xose Tarrío, no centro social A Tiradoura (Cangas) exhibirase unha exposición sobre os 20 anos da Radio Piratona. Haberá diferentes charlas e un concerto no que participará Bitxobola e O Leo I Arremecaghona

Concerto Aniversario

O vindeiro venres 7 de marzo ás 22.00 horas haberá un gran concerto de conmemoración do XX Aniversario de Radio Piratona no sala La Fábrica de Chocolate (Vigo), con entrada de 5 euros para axudar económicamente á radio, e no que participarán as bandas do país Tiro na Testa, La Vaga Banda e como actuación sorpresa a reaparición para a ocasión dunha histórica formación galega con grande sona a nivel penínsular...