Pagina Principal de Irola Irratia

Foros de Irola Irratia 107.5 FM
Estos foros son de publicacion libre. Los mensajes considerados ofensivos o con publicidad comercial seran borrados sin avisar. Se respetuos@ y disfruta.
 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 

TATTOOCIRCUS A Coruña 17, 18 e 19 de Maio no CSO Palavea.

 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Foros de Irola Irratia 107.5 FM -> Noticias
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
irola
Site Admin


Registrado: 16 Mar 2009
Mensajes: 2077

MensajePublicado: Lun May 06, 2013 4:28 pm    Título del mensaje: TATTOOCIRCUS A Coruña 17, 18 e 19 de Maio no CSO Palavea. Responder citando

TATTOO CIRCUS é un encontro enfocado á recadación de fondos para o apoio

a persoas presas ou proxectos antirrepresivos, mediante a realización de
tatuaxes, piercings, escarificacións ou calquera forma de
modificación
corporal, así como de concertos, xantadores, palestras, exposicións...,
que acompañan e dotan dun contido político a esta actividade.

O Tattoo Circus nace en Roma fai uns anos e rapidamente trasládase a
bastantes cidades europeas (Barcelona, Londres, Tesalónica, Cádiz...) e
espontaneamente trázase unha dinámica común á hora de organizalo. Aínda
que cada grupo, en cada lugar é totalmente autónomo, hai unha base común
que se pode resumir en varios puntos:

- Cartos: Todo o recadado destinarase íntegramente á loita pro-presxs,
tanto en financiamento de proxectos de este tipo (Campaña
CÁRCERE=TORTURA), como ao apoio directo.

- Organización: A organización do Tattoo Circus é asamblearia e
horizontal. Ninguén recibe ningún tipo de remuneración. Tatuadorxs,
anilladorxs, grupos de música e toda persoa que participe o fai de forma
solidaria. Únicamente estimarase o pago da viaxe a quen veña de fóra no
caso que sexa estritamente necesario por non haber xente do lugar que poda
facer este cometido ou por non poderse sufragar a simesmx a viaxe. A todxs
se lles dará de comer, consumicións e aloxamento.

- Contido: O Tattoo Circus non xira ao redor da tatuaxe nin dos piercings.
A súa base é a loita contra os cárceres e contra a represión. Por iso debe
ir acompañado de palestras, difusión anticarcelaria, películas,
actuacións, buzón de correo para escribir a presxs ou calquera idea que
lle dote de contido. O Tattoo
Circus non
se centra na estética, trátase
dunha actividade en pro da solidariedade revolucionaria.

TATTOO CIRCUS GALIZA

Por primeira vez, o Tattoo Circus vaise celebrar na Galiza, concretamente
noCentro Social Okupado e Autoxestionado de Palavea na Corunha. Un espazo
de máis de 7000 metros cadrados que leva funcionando de xeito continuo e
cunha actividade permanente dende máis de dous anos.

O CSO conta con espazos independentes, perfectamente acondicionados e
adaptados, separados uns dos outros para non entorpecer o desenvolvemento
de cada actividade, así coma o descanso dxs participantes e colaboradorxs:

- Zona de tatuaxes

- Zona de piercings, escarificacións
e modificacións
corporáis

- Sala de esterilización

- Sala de concertos

- Sala de proxeccións

- Zona de espectáculos (antiga capela)

- Lavabos

- Espazo aberto con casetas de circo

- Info Point

- Sala para encontros/palestras/obradoiros

- Comedor

- Cafetería


Os días 17, 18 e 19 de maio o Tattoo-Circus terá lugar no Centro Social
Okupado de Palavea: Rúa Río Quintas 31, A Corunha,Buses:22, 20 e 1A (na
estrada a Compostela)

-okupacorunha.wordpress.com


Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós:

- www.tattoocircuscorunha.narede.gl

- tattoocircuscorunha@mail.com

- www.facebook.com/tattoocircuscorunha

Vémonos na Corunha!

ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS!
_________________
Irola Irratia 107.5 FM
Adierazpen Askatasuna!!!
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Foros de Irola Irratia 107.5 FM -> Noticias Todas las horas están en GMT + 1 Hora
Página 1 de 1

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
Puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group