2005/Call4Nodes/gz

De Hackmeeting

Tabla de contenidos

CALL 4 NODES CHAMADA PARA NODOS HACKMEETING 2003

..:: hack your brain :: okupa a túa mente ::..

v.1.0

..:: INTRO  ::..

Esta mensaxe é unha invitación a participar no hackmeeting 2003 propoñendo nodos de traballo/actividade/difusión e tecer como ven sendo habitual, unha rede de actividades e encontros en torno ao hacktivismo, o ciberespazo, a telemática e as súas dimensións tecnopolíticas nunha fin de semana liberada no que se manifesta o cyborg de multitudes que é o Hackmeeting (HM). Cambiamos o tradicional Call4papers por un call4nodes para non restrinxir a participación a artígos se non a un abanico máis amplo de posibilidades (talleres, charlas, mesas redondas, exposicións, posters, etc.) que demos en chamar nodos. Con xa saberás o HM é un evento participativo no que a dicotomía organizador/asistente se dilúe na necesidade de autoxestionar o encontro colectivament. O HM consistirá en charlas, debates, talleres, exposicións, encontros e outros nodos para os que se necesitan poñentes, coordenador@s, dinamizado@s, etc...

Este ano o HM desenvolvese baixo a sombra dunha oleada de desaloxos e ameazas de desaloxo de CSOAS (Centros Sociais Okupados Autoxestionados) entre o eles Les Naus (O CSOA que viu nacer os HM no estado español --http://sindominio.net/lesnaus ) e o Labo03 recentemente desaloxado (no que tivo lugar o último HM ---http://sindominio.net/laboratorio). Esta oleada non é unha coincidencia ortuita de corpos policiais executando ordes xudiciais espontáneas (moitas veces inexistentes) senon un programa burocráticamente compilado para acabar con todos os intentos de experimentación colectiva, de difusión de saberes, de compartir habilidades e construir espazos e redes. A LSSI, os últimos ataques xudiciais contra redes p2p, as patentes de software europeas, os novos cánones da SGAE ou a nova directiva europea de reforzo da "propriedade intelectual" son só algúns exemplos que este HM quere defender o dereito a experimentar libremente e a abrir espazos de creación colectiva tecnopolíticos, telemáticos e sociais xa que sexan estes construidos dende o hacktivismo ou dende o "realitiy hacking": a pasión de superar os límites, (re)construir e autoxestionar os espazos e códigos sociais.


..:: ONDE E CANDO  ::..

Iruña - Pamplona

Urriak 24, 25, 26 outubro

http://sindominio.net/hackmeeting

DATA LÍMITE PARA PROPOSTAS DE NODOS: 10 de outubro


..:: TEMAS  ::..

Estes son algúns dos temas que se teñen tratado en outros HM ou sobre os que nos gustaría compartir no próximo. Pero non son os únicos. Buscamos novos pontos de vista e descubrimentos que vos interese mostrar, debates que queirades coordenar, ideas e técnicas que queirades compartir. cas que queráis compartir.

  • Reality hacking
  • Copyleft
  • Defensa frente a copyright
  • Redes inalámbricas (wireless) autoxestionadas
  • Telemática e (contra)información alternativa
  • Servidores autónomos
  • Contracumbre Xinebra WSIS (Cumbre internacional da sociedade da información)
  • Software libre: GNU/Linux, Debian, etc.
  • Vídeo
  • Hacktivismo
  • Gobernos na red: LSSI, leis de cibercrime, enfopol, ...
  • Corporacións na rede: copyright, patentes, espionaxe, ...
  • Educación e novas tecnoloxías
  • Acceso universal á rede, ao coñecemento y á técnica
  • Desobediencia Civil/Social Electrónica
  • Ciberpunk
  • Artivismo
  • ¿A okupacion de mákinas é okupacion real? Asesoria legal
  • Xenealogía de internet e relación co movimentos sociais
  • Filosofia hacker
  • Privacidade, criptografía, anonimato.
  • Hacklabs
  • Reciclaxe de ordenadores
  • Iniciación a GNU/Linux, a TCP/IP, a chaves...
  • Phreak
  • Hacking
  • Enxeñería inversa
  • Virus, intelixencia artificial, vida artificial, cibernética,...
  • Tarxetas intelixentes, firma dixital
  • Trucos (sacar energía do teléfono, montar una mesa de PC con materiais reciclados, etc)
  • Con-cursos
  • Mesas redondas sobre libros
  • Mulleres e Software Libre non sexista

..:: MODALIDADES  ::..

Las modalidades son todas abertas, ahí van algunhas suxerencias:

  • Posters (que expliquen oo sinteticen as actividades dun grupo, as ideas de alguén, a forma de facer algo ou os resultados d unha investigación/proxecto)
  • Charlas (duración aproximada 1 hora e media ou dos horas)
  • Talleres (duración aproximada dúas-tres horas, cáracter máis participativo e productivo que unha charla)
  • Reunións de coordenación
  • Mesas redondas
  • Exposicións (material GPL, ordenadores antigos, artefactos inxeniosos, ...)

Ademais das modalidades presenciais o HM tamén admite participación virtual. Serán benvidos texto, audio e vído que será colgado na rede (así como calquera outra cousa que se vos ocorra en formato dixital).

..:: CÓMO PROPONHER UN NODO ::..

Todas as propostas de nodos coméntanse na lista de correo do HM HM (hackmeeting@sindominio.net), lembramos, por tanto, que te suscribas á lista en http://sindominio.net/mailman/listinfo/hackmeeting para comezar a participar no nodo que propñas e ver o proceso que sigue a túa proposta.

En calquera caso para propñer un nodo envía unha mensaxe co encabezamento "[nodo] nome_proposta" a estas dúas direccións:

  • hackmeeting @ sindominio.net
  • charlas @ sindominio.net (ésta última encargada de coordenar os horarios das actividades-nodo do HM).

No corpo da mensaxe propoñemos que enchas o seguinte formulario (ou a modifiques ao teu gusto ou esixencias da túa proposta):


  • Para o público/participantes
0. Modalidade
a) Charla
b) Taller
c) Mesa redonda
d) Poster
e) Exposición
f) Reunión coordenación
g) Outros
1. Nome da dinamizadora, autora, coordenadora
2. Título(s)
3. Resumo
4. Palabras chave
5. Coñecementos recomendados para os participantes
6. Estructura/contenido
7. Metodoloxía: exposicion, discusión, cacharreo, etc.
8. Duracion
9. Lecturas recomendadas. Para a xente que queira entrar no tema antes de entrar no nodo.
  • Para coordenación:
10. Material necesario (incluíendo tipo de espazo por se fai falta un espazo aberto sen sillas ou o que sexa).
11. Preferencias de horarios
12. Seguridade de asistencia (do 1 al 10)
13. Documentos ou arquivos do nodo (si hay, para colgar na web: transparencias, textos, programas, etc.)


..:: OUTRAS FORMAS DE PARTICIPACIÓN ::..

Outras formas de participación aparte dos nodos de actividades (como aportar material, participar nas asambleas, coordenar actividades, facer streaming, etc.) son benvidas e necesarias. Para máis información e coordenación, a asamblea do HM reúnese virtual e permanentemente na lista de correo

hackmeeting@sindominio.net. Podedes suscribirvos en: http://sindominio.net/mailman/listinfo/hackmeeting


..:: MÁiS INFORMACIÓN ::..

O primeiro hackmeeting tivo lugar en Florencia en 1998 e dende entón foronse repetindo anualmente en Italia (a web http://hackmeeting.org recolle o último HM celebrado en Italia y links a todos os anteriores). No 2000 celebrouse o primeiro hackmeeting hispanofalante en Barcelona (http://sindominio.net/hmbcn00), no 2001 foi en Leioa (Bilbo ---http://sindominio.net/hm2001) y no 2002 en Madrid (http://sindominio.net/madhack02).

Para máis información podedes escrebernos á lista de correo hackmeeting @ sindominio.net ou visitar directamente la página web do hackmeeting:

http://sindominio.net/hackmeeting

Herramientas personales
wiki-navigation
project-navigation