Caleidoskopio xurde a finais do 1999 polas inquedanzas dun grupo de xóvenes, que tinhan a pretensión de levar adiante un proxecto de vida máis coherente e crear un espacio social aberto ao servicio da sociedade.
Intentando sempre misturar os fins cos medios, promocionando a cultura en todos os séus ámbitos, estimulando a participación e a creación e organización de proxectos sociais, fomentando un consumo ético e responsabel.(Consultar bases da Asociación)
A principios do ano 2000 atopamos un local, chamariamoslle "A Cova dos Ratos", un Centro Social Autoxestionado, aberto sempre a iniciativas e propostas; baseado nun funcionamento asociativo, asembleario, autofinanciado; onde todos os séus servizos atópanse abertos a todas aquelas persoas e colectivos que queiran tanto disfrutalos como participar na súa xestión.
Unha biblioteca autoxestionada” con servicio de empréstito, creada a partir das doazóns de individuos e colectivos, de libros, revistas, periódicos, fancines... Co fin tanto de compartir como de espallar coñecementos.
Un revistero, onde podes atopar as últimas publicacións e pasquins chegadas ao local
Unha distribuidora, con publicacións, textos e libros tanto de colectivos da nosa cidade como de fora, que fomenten á autoxestión, o feminismo, o cooperativismo,... que informen de outras realidades as que non temos un doado acceso; e outros materiais autoproducidos por colectivos e persoas, camisolas, artesania,...
Un espacio para ensinar, dando obradoiros ou charlas; para aprender, tanto preguntando como escoitando, outras realidades próximas a nos que cecais carecen de sitios onde poidan mostrarse; para actuar ou para pasar un bo rato vendo unha actuación. Paredes para mostrar as vosas pinturas ou fotos. Un video e unha tele para ver pelis ou documentais.
Ordenadores de uso público para poder traballar con eles ou navegar pola rede.
Un sitio agradable onde pasar un bo rato... ¿non?
Un dos nosos fins máis importantes é a promoción dun consumo conscente, respetuoso co medio, que non fomente a explotación ou o sufrimento, tanto do home como do resto dos animais. Mostrando as alternativas e o poder que temos como consumidores que todas as persoas somos.
Por iso montamos unha barra alternativa e un servicio de cocinha, con productos de comercio xusto, de producción biolóxica, artesanais, de cooperativas... fuxindo das multinacionais, e dos productos que conleven impacto medioambiental e sufrimento ou explotación de calqueira ser.
Entendendo a autoxestión como a administración das nosas propias vidas, donde sexan tan importante os xeitos de toma de decisions como os xeitos para levar a cabo as cousas.
Intentamos vivir a nosa existencia , xuntando os medios cos fins. Facernos donos e donas das nosas propias vidas tendo en conta, por suposto,o resto dos seres cos que compartimos o noso pequeno gran mundo...
Sempre intentaremos aprender e experimentar para poder seguir construindo, pouco a pouco, un mundo algo mellor, onde todas as persoas tenhamos cabida...