A Asociación Caleidoskopio ten como os principios:
- Contrario á todo tipo de explotación, humana ou animal.
- Respeto polo medio ambiente
- Contraria a toda discriminación, xa sexa por sexo, raza, ideoloxica, estatus social, preferencias sexuais ou idiomaticas.
Os fins da Asociación:
- Fomento da trasformación social dende a base.
- Fomento do asociacionosmo e das estructuras horizontais, abertas, e participativas.
- Promoción da cultura en todos os seus ambitos.
- Fomento do respeto polo medio ambiente e os animais.
Polo tanto a asociación, en consecuencia acorda:
Tomar como base o Veganismo como xeito de respetar os intereses dos animais non humanos, e ten interes potencialo.
Potenciar e primar, dentro das posibilidades, o uso de productos provintes do Comercio Xusto e de producción ecolóxica.
Tamen tentara tanto reducir o uso, como reutilizar ou recuperar todas as materias primas que poida, igualmente que tentar a súa reciclaxe.
Polo tanto apostamos pola promoción do Consumo Conscente, un consumo respetuoso co medio, que non fomente a explotación ou o sufrimento, tanto do home como do resto dos animais. Tentaremos amosar as alternativas e o poder que temos como consumidores que todas as persoas somos. Por iso montamos unha barra alternativa e un servicio de cocinha, con productos de comercio xusto, de producción biolóxica, artesanais, de cooperativas... fuxindo das multinacionais, e dos productos que conleven impacto medioambiental e sufrimento ou explotación de calqueira ser; adoptando en consecuencia unha base 100% vexetariana (vegana).
Funcionamento:
O funcioanmento xeral da Asociación ten como base a realización de Asembleas Abertas, nas que se tomaran Actas dos acordos, que poderan ser consultadas polas persoas socias. Cando menos celebrarase unha Asemblea anual para todolas persoas socias.
Para levar adiante as distitas tarefas designaranxe equipas de traballo, ou responsabeis, que poderan actuar de xeito autónomo, sempre que non contradigan os principios, fins e acordos do colectivo.
Fomentaremos a participación e a involucración no proxecto de tantas persoas como o dexexen, para isto buscaranse xeitos e canles comunicativos.
¿Cando "Caleidoskospio" entra ou non a colaborar, coorganizar alguna cousa?
- Non pode ser algo que sexa contrario aos principios ou fins da Asociación.
- Terá que existir polo menos unha persoa que queira levar adiante o tema, colaborando, asistindo as asembles preparatorias... e informando á Asociación.
- Podense participar em cousas antagonicas (sempre que non sexan contrarias aos principios da Asociación) como unha mostra da variedade e diversidade interna (exemplo: xornadas primitivistas e xornadas sobre o uso social das novas tecnoloxias).
- Non pode ser algo excluinte que poida marcar a priori dinámicas da Asociación (por exemplo asinar un comunicado que se decanta por unha normativa lingüistica, sen nunca terse discutido nunha Asemblea o tema normativo), e que elimine diversidade interna.
- No caso de que por premura non poida pasar por unha Asemblea, as persoas seran libres (tendo en conta os anteriores puntos) de levar adiante á actividade en nome da Asociación.
- Paso obtrigatorio por Asemblea (antes ou despois) para evaliar as actividades; tendo en conta, como ente dinámico, vivo e experimental, que sempre podemos confundirnos... e que confundirse é un xeito de aprender.