Vivemos na chamada "sociedade da información" (máis ben des-información), a cal esquecese case sempre de que há colectivos de persoas que non poden acceder a ista información por motivos económicos (pois manter unha conexión a internet non é algo que digamos gratuito, lembramos que os colectivos e soci@s estan convidados a facer uso dos ordenadores e da conexión que temos no local) ou por impedimentos físicos.
No campo técnolóxico a cousa non é moito mellor, as persoas con discapacidades físicas (motoras ou sensorias) atópanse con que a maioría da información que circula na rede non é accesibel para eles. Nosa pretensión é favorecer a estes colectivos o acceso a ista información. So podemos facilitar o que nos elabouramos.
Logo temos o que podemos chamar o "timo da informática" segundo o cal necesitamos potentísimas máquinas para poder traballar ou navegar pola rede. Aqui presentamos una web que é accesibel dende calquira tipo de navegador, incluso os máis antigos funcionado nunha máquina vella.
Nosa pretensión é facer unhas páxinas para tod@s, independentemente das máquinas, sistemas operativos ou navegadores que se utilicen. Facilitar o acceso dos contidos mediante unha navegación por teclado, e unha lectura por medio de sintetizadores de voz ou lectores braille. Co tempo iremos mellorando e explicando claramente o funcionamento.
Para facilitar o movimento entre as distintas seccións habilitaremos unha serie de teclas rápidas. A listagem ainda esta por facer, máis non tardaremos moito